viernes, 10 de mayo de 2013

TATTOO CIRCUS CORUÑA 17MAYO2013




O TATTOO CIRCUS é un encontro enfocado á recadación de fondos para o apoio a persoas presas ou proxectos antirrepresivos, mediante a realización de tatuaxes, piercings, escarificacións ou calquera forma de modificación corporal, así como de concertos, xantadores, palestras, exposicións..., que acompañan e dotan dun contido político a esta actividade.

O Tattoo Circus nace en Roma fai uns anos e rapidamente trasládase a bastantes cidades europeas (Barcelona, Londres, Tesalónica, Cádiz...) e espontaneamente trázase unha dinámica común á hora de organizalo. Aínda que cada grupo, en cada lugar é totalmente autónomo, hai unha base común que se pode resumir en varios puntos:

- Cartos: Todo o recadado destinarase íntegramente á loita pro-presxs, tanto en financiamento de proxectos de este tipo (Campaña CÁRCERE=TORTURA), como ao apoio directo.

- Organización: A organización do Tattoo Circus é asamblearia e horizontal. Ninguén recibe ningún tipo de remuneración. Tatuadorxs, anilladorxs, grupos de música e toda persoa que participe o fai de forma solidaria. Únicamente estimarase o pago da viaxe a quen veña de fóra no caso que sexa estritamente necesario por non haber xente do lugar que poda facer este cometido ou por non poderse sufragar a simesmx a viaxe. A todxs se lles dará de comer, consumicións e aloxamento.

- Contido: O Tattoo Circus non xira ao redor da tatuaxe nin dos piercings. A súa base é a loita contra os cárceres e contra a represión. Por iso debe ir acompañado de palestras, difusión anticarcelaria, películas, actuacións, buzón de correo para escribir a presxs ou calquera idea que lle dote de contido. O Tattoo Circus non se centra na estética, trátase dunha actividade en pro da solidariedade revolucionaria.

2 comentarios:

  1. Podedes ver a programación do TattooCircus Coruña na nosa web: tattoocircuscorunha.narede.gl

    Tamén están os álbumes dos tatuadores que estarán tatuando todo o fin de semana.

    Acude e difunde!!

    ResponderEliminar
  2. Puxen o enlace onde pon "***ACTIVIDADES TATTOO CIRCUS CORUÑA***".

    ResponderEliminar